venres, 10 de Febreiro de 2017 - 11:02

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro asinará o Convenio de colaboración para a xestión do programa ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local participativo coa Consellería do Mar, este programa financiado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (85%) e con Fondos Estatais (15%), contará con 4.000.000 € para o período de 2017-2020. Este diñeiro se rapartirá para proxectos 3.000.000€, un 65% para proxectos produtivos empresariais e un 35% para proxectos non produtivos, para xestión do programa pola entidade terá 1.000.000€ para custes de persoal, de xestión, e para realizar distintas accións de difusión e sensibilización no territorio.
O Presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, D. Andrés García Boutureira e a Conselleira do Mar Dna. Rosa Carballo Quintana reuniranse nos vindeiros días para o asino de dito Convenio.