Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Noves proxectos de cooperación entre os GALP galegos

Os GALP galegos reuníronse para sentar as bases dos novos proxectos de cooperación

O pasado 17 de xaneiro os xerentes dos GALP galegos tiveron unha reunión para fixar as bases dos novos proxectos de cooperación que se levarán a cabo nos territorios.

Moitos son os proxectos de cooperación que se levaron a cabo no programa FEMP, e en multitude deles participou o GALP Golfo Ártabro Sur. Entre eles atopamos: Ruta dos Faros, Pasaporte REMA, Relevo 2020, Mar de Velas, Rimartes, PescaConCiencia, etc.

Desta reunión, sacaranse os proxectos que se levarán ás directivas de cada un dos grupos, onde se aprobarán as propostas que sexan máis beneficiosas para o territorio.

Pronto teremos as novas propostas para encamiñar esta nova andaina de proxectos de cooperación a través do FEMPA.