Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Boletín da Rede Nacional de Grupos de Pesca pon en valor unha vez máis varias accións do GALP Golfo Ártabro Sur

O GALP Golfo Ártabro Sur ve reflexadas catro das súas actividades directas no boletín da RedFep, e varias actividades conxuntas nas que participou en cooperación con outras entidades.

No boletín da Rede Nacional de Grupos de Pesca do mes de xaneiro, o GALP Golfo Ártabro Sur ve reflexadas unha vez máis varias das súas actuacións. É habitual que dende a Rede, estean ao día de todas as actividades que se realizan dende os GALP, e salienten mensualmente algunhas delas.

Non é a primeira vez que as actividades do GALP Golfo Ártabro Sur cobran especial relevancia e son publicadas no Flash mensual “En Red”. Neste mes de xaneiro salientaron catro actividades levadas a cabo: a entrega do galardón de Boas Prácticas ao ADR Mariñas-Betanzos polo seu proxecto “Ecoturismo no Golfo Ártabro”, o vídeo resumo das artes de pesca realizado para a conmemoración do AIPAA, o aumento de orzamento de máis dun 44% que obtivo o grupo para o período FEMPA 2021-2027 e o vídeo resumo de tódalas actividades realizadas no 2022.

Tamén foi salientable dentro dos proxectos de cooperación nos que está incluído o GALP Golfo Ártabro Sur o “Manual de boas Prácticas de Relevo 2”.