Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Centro de Interpretación da Torre de Hércules converteuse en representante da cultura mariñeira atlántica

O espazo acolleu a entrega dunha das cestas mariñeiras sorteadas pola Rede REMA, a Rede de Espazos Museísticos Atlánticos

A principios de xaneiro, o martes 4, o GALP Golfo Ártabro Sur organizou a entrega da cesta mariñeira da Rede REMA correspondente ao seu territorio no Centro de Interpretación da Torre de Hércules. A entrega fixérona Ana María Santorun Ardone, directora do Centro, e en representación do GALP, José Garrote Martín, secretario da entidade, e Federico López Viñas, xerente.

O ganador do territorio GALP Golfo Ártabro Sur foi Andrés Lara Mesa do concello de Ames, que recibiu a Cesta Liresca.

Que é a Rede REMA?

A Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (Rede REMA - www.redrema.eu) deu a coñecer a mediados do pasado decembro, durante un sorteo público, o nome dos 20 ganadores destas cestas con produtos mariñeiros atlánticos entre as máis de 100 persoas que nos últimos meses completaron o denominado Pasaporte REMA, unha acción de promoción e divulgación organizada no marco do proxecto. Todas elas realizaron, polo menos, 5 visitas a algún dos 31 museos adheridos situados nas costas atlánticas de Galicia, Portugal e Asturias. No territorio do GALP Golfo Ártabro Sur están integrados tres: a Torre de Hércules, o Aquarium Finisterrae e o Ceida (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

A Rede REMA naceu hai tres anos como un proxecto de cooperación dos GALP galegos para divulgar a cultura marítima e mariñeira do arco atlántico europeo. Está financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) a través da Consellería do Mar.