O “Curso de observación electrónica y obligación de desembarque” foi levado a cabo nas instalacións do GALP Golfo Ártabro Sur
O GALP Golfo Ártabro Sur acolleu nas súas instalacións o curso de OPPs del Cantábrico “Observación electrónica y obligación de desembarque”. Esta actividade tivo como anfitriona a ACERGA OPP82 que é unha entidade socia do GALP.
Este tipo de cursos instrúen aos pescadores do Golfo Ártabro en procesos de pesca máis selectivos e coidadosos co medioambiente, unha das liñas principais da Estratexia do GALP Golfo Ártabro Sur.
Nesta xornada abordáronse as seguintes temáticas:
- Sistemas de monitorización electrónica. Descripción dos equipos e instalación a bordo.
- Traballo e adaptación en distintas flotas. Proxectos desenrolados e adaptación a novos programas.
- Presente e futuro. Novos reglamentos. Adaptación das flotas aos novos requisitos.
- Obriga de desembarque. Ferramentas para o seu cumprimento.
- Análise das imaxes. Persoal e protocolos que se seguen no tratamento dos datos. Posibilidades para o sector.
Ao longo do programa FEMPA, seguiremos traballando en conxunto de forma coordinada e enriquecedora para lograr un territorio máis próspero, que xere oportunidades e permita poder seguir crecendo, pero sempre dende o coidado medioambiental.
OPPs CANTÁBRICO
A Asociación de Organización de Productores de Pesca del Cantábrico (OPPs CANTÁBRICO) es la primera AOP de España, co fin de garantir o exercicio racional da pesca mediante a explotación sostible dos recursos acuáticos vivos, no contexto dun desenvolvemento sostible que teña en conta os aspectos medioambientais, económicos e sociais de maneira equilibrada así como a mellora das condicións de venda da súa produción.
Actualmente conforman esta entidade: ACERGA OPP-82 (Asociación de Armadores de Cerco de Galicia), OPEGUI (Organización de Productores de Pesca de Bajura de Gipuzkoa), OPESCAYA OPPO6 (Organización de Productores de Pesca de Bajura de Vizcaya) e OPACAN OPP62 (Organización de Productores Artesanales de Cantabria).
Os obxectivos de OPPs CANTABRICO son os seguintes: Realización de accións que contribúan de forma sostible a mellorar a xestión e/ou conservación dos recursos pesqueiros, promover métodos ou artes de pesca selectivos que reduzan as capturas, adopción de medidas de carácter voluntario par a redución do esforzo pesqueiro con fins de conservación dos recursos da pesca costeira artesanal, mellora da xestión e control de acceso a determinadas zonas de pesca dentro do seu ámbito territorial por parte da frota costeira artesanal, accións que contribúan á transparencia dos mercados dos produtos da pesca incluíndo a súa trazabilidade e instrumentos estatísticos, xestión do esforzo pesqueiro, xestión e control das condición de acceso a determinadas zonas de pesca e mellora dos coñecementos e da transparencia na produción e nos mercados.