Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Golfo Ártabro Sur apraza ata novo aviso a asemblea xeral por mor da COVID-19

A nova data será comunicada a través das canles oficiais do GALP Golfo Ártabro Sur.  

Ante a situación epidemiolóxica en Galicia, o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur apraza ata novo aviso a asemblea xeral na que se elixirá a nova xunta directiva do ente. 

O encontro, que tería que ser celebrado o 6 de novembro, tivo que ser aprazado antes as novas restricións aplicadas atendendo á evolución da crise sanitaria a nivel galego. 

A elección dos novos órganos de goberno do GALP comezou fai semanas coas mesas sectoriais, nas que se reuniron os diferentes sectores da poboación.

No encontro íanse anunciar os novos membros da xunta directiva, entre os que se atopan o presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro. A nova data de celebración será anunciada a través das canles oficiais do GALP Golfo Ártabro Sur.