Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Golfo Ártabro Sur impulsa cursos de navegación en embarcacións de vela tradicionais

Os cursos están organizados por A.C.M. Os Patexeiros e financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur.

Xa está aberto o prazo para inscribirse nos cursos de navegación en embarcación tradicional a vela que promove a asociación Os Patexeiros. Os cursos serán impartidos dende o 1 de xulio ao 15 de setembro, diariamente, sempre que as condicións climatolóxicas o permitan.

Os participantes aprenderán: os preparativos previos a realizar antes da navegación, a importancia da seguridade e como realizar unha navegación segura, as partes dunha embarcación, o manexo da embarcación, as principais manobras para dirixir a embarcación, así como realizar as viradas, entre moitas outras cousas. 

O obxectivo principal de estes cursos e poder aprender o manexo dunha embarcación tradicional propulsada a vela. Para que todas as persoas poidan participar e facelo de primeira man, repártense en quendas para que todos os tripulantes poidan manexar a embarcación e se afagan a ela manexando o timón dende o primeiro día, para así ir collendo confianza, perder o medo a navegar e gañar a aficción á navegación a vela tradiciona, para que non se perdan as ensinanzas e os valores de estas tradicións. 

O número de participantes por grupo está limitado pola capacidade da embarcación e polas medidas sanitarias que estén vixentes en cada momento a causa do COVID19.