Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Galp Golfo Ártabro Sur participará no encontro de crebeiros

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur é un dos colaboradores do III Encontro Internacional do Lixo Mariño, 'Crebeiros no Mundo', que organizan a asociación Mar de Fábula, o colectivo RetoqueRetro e o CEIDA.

 

O obxectivo desta acción e falar das Crebas ((todo aquelo recollido nas praias, devolto polo mar e susceptible de ser reutilizado) como arte e tamén como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta por plásticos que van parar ao mar. 

 

O encontro levarase a cabo do 26 ao 28 de outubro no Castelo de Santa Cruz, no Concello de Oleiros, e contará coa presenza de diferentes expertos deste ámbito. Ademais, realizaranse varias limpezas de praias e obradoiros artísticos dirixidos ás familias.

 

A asistencia é de balde pero hai que anotarse para as actividades no CEIDA: http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/crebeiros-no-mundo-beachcombers-around-the-world-iii-encontro-internacional-do-lixo