
Na última quincena de setembro o GALP Golfo Ártabro Sur participou en diversas xornadas de formación para ultimar os detalles do inicio da convocatoria FEMPA
Este mes de setembro, o GALP Golfo Ártabro Sur estivo a recibir a formación necesaria para a implantación da nova convocatoria de axudas FEMPA, para isto estívose a traballar en conxunto con Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar. Nestas xornadas formativas presentouse a nova orde para as bases de axudas, a nova tipoloxía de memoria e as novas aplicacións informáticas para a xestión e seguimento do programa, entre outros moitos temas.
Dende GALP Golfo Ártabro Sur, vense moi enriquecedoras estas xornadas, pois a posta en conxunto entre os oito grupos e a Consellería do Mar dos temas relacionados coas axudas proporcionan unha visión máis global, que permite achegar ao territorio novas formas de actuación, que propicien novas iniciativas.
Ao longo do programa FEMPA, seguiremos traballando en conxunto de forma coordinada e enriquecedora.