Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP GOLFO ÁRTABRO SUR PRESENTA O PROXECTO “MULLERES DO MAR”

Desde o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur impúlsase este proxecto que ten como obxectivo principal incentivar, visibilizar e empoderar ás mulleres que traballan no sector do mar. Para acadar este obxectivo, a Xunta Directiva do GALP acordou, en reunión celebrada o 27 de abril de 2018, promover unha Asociación de Mulleres do Mar para que poidan organizarse e constituír unha asociación aberta a todas as mulleres vinculadas profesionalmente co mar.

 

 

 
 
Co fin de expor en detalle os fins e obxectivos deste proxecto, así como o calendario previsto de accións a desenvolver, realizaranse tres presentacións públicas que terán lugar a próxima semana en Oleiros, A Coruña e Sada. Para garantir unha ampla participación dos diversos axentes sociais e institucionais vinculados cos sectores do mar presentes no territorio, agradecemos se faga difunda esta información entre o tecido asociativo, empresarial e á cidadanía que poida estar interesada.

 

 

En concreto, estas presentacións públicas terán lugar nas seguintes localizacións e datas:

 

 

-        OLEIROS: Mércores, 17 de outubro ás 18:00h no CEIDA (Castelo de Santa Cruz). Suspendida.

 

 

-        A CORUÑA: Xoves, 18 de outubro ás 17:00h na Fundación Paideia (Praza de María Pita, 17).

 

 

-        SADA: Venres, 19 de outubro ás 19:00h no Salón de Plenos do Concello (Avda. do Porto, 24).