Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O proxecto Tanza fomenta un espazo de colaboración coas entidades de inclusión no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur

COGAMI, Down Coruña, Aspronaga e CPAP Bergondo asistiron á xornada de traballo organizada hoxe co GALP e o CEIDA de Oleiros.

O Proxecto de cooperación Tanza para a colaboración entre o sector pesqueiro e o da inclusión avanzou hoxe no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur as súas liñas de traballo e o do CEIDA. Ao encontro convocado polo GALP no castelo de Santa Cruz (Oleiros) asistiron COGAMI, Down Coruña, Aspronaga e CPAP Bergondo.

Durante esta xuntanza, Federico López Viñas, xerente do GALP Golfo Ártabro Sur, fixo unha pequena introdución dos cometidos do Grupo, e o equipo técnico de Tanza contextualizou o proxecto a todos os asistentes. Posteriormente, foi a quenda do CEIDA para explicar as súas dinámicas de traballo e liñas de actividades para acabar cunha sesión de concienciación sobre a problemática do lixo mariño.

Deste xeito, a través de Tanza creouse un espazo de encontro entre as entidades de inclusión do Golfo Ártabro Sur e o CEIDA, que lles deu a coñecer ás asociacións o seu traballo, creando un espazo de colaboración e participación no marco dos seus programas e actividades.

Proxecto de cooperación galego

Proxecto Tanza é unha iniciativa promovida por seis dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) galegos que promove o desenvolvemento participativo de entidades no territorio. Co foco posto no reforzo da gobernanza das zonas costeiras, cunha visión colaborativa e integradora do sector do mar, na inclusión social e tamén no importante papel que teñen os concellos como dinamizadores do territorio, busca axilizar socioeconómicamente as zonas costeiras, cunha marcada orientación á promoción dunha economía máis verde e sostible.

O territorio do GALP Golfo Ártabro Sur está formado polos concellos de Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo.