
O proxecto está baseado nunha feira de ciencia (Open Science) que busca que os alumnos experimenten e se divirtan coa ciencia (aprender de unha maneira diferente, entretida, buscando un papel predominante e protagonista de cada un deles).
O evento dura 2 días e preténdese que coincida coa feira tradicional que se celebra en cambre 2 veces ao mes, para así conseguir que maior afluencia de público poida desfrutar dos contidos do Open Science.
Durante o Open Science os rapaces que representan os diferentes centros escolares e clubes de ciencia mostratán a todos os visitantes, nos seus stands, os experimentos que crearon. Ademais, terán a oportunidade de presentalos ante os outros participantes nunha pequena conferencia na que se profundizará un pouco mais sobre o experimento.
Haberá actividades complementarias para enriquecer a feira e algun dos stands estarán ocupados por outras entidades que desexen promocionarse (o propio GALP Golfo Ártabro Sur cos seus proxectos, Turismo Cambre, Oceanográfico, Universidades... ) e destacando a súa vinculación co mundo do mar.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O principal obxectivo do proxecto e fomentar a vinculación entre os escolares (en este caso a través da ciencia e os experimentos científicos) do sectos marítimo e do mundo do mar.
Preténdese:
- Impulsar o número de experimentos científicos vinculados ao mundo do mar, para crear a semente da investigación que axude a salvar os nosos mares.
- Fomentar entre os participantes a visión de que o mar e un espazo de investigación propicio para a experimentación científica.
- Mostrar proxectos de I+D+i financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur e outras entidades e institucións do territorio.
Espérase que o número de experimentos científicos vinculados ao mar presentados na feira sexa como mínimo do 50%.
Espérase que da participación desta actividade dos institutos e centros de investigación poidase obter a formación de mulleres e homes, que no futuro poderán enfocar a súa actividade na investigación o levar a práctica crear empresas dentro do sector do mar. Buscando conseguir así, a transferencia de coñecementos entre entidades, empresas, cofradías de pescadores e público en xeral do Golfo Ártabro Sur, promovendo un modelo de cooperación a nivel territorial.
O proxecto se realizará durante 3 días:
- Viernes: chegada e acollida de participantes.
- Sábado: inauguración do Open Science Cambre. Durante todo o día haberá exposición dos experimentos nos diferentes stands. Ao mesmo tempo haberá, na zona de charlas e conferencias, espectáculos de ciencia. Pola tarde exposición e presentación dos diferentes experimentos con breven conferencias de cada un deles.
- Domingo: solo pola mañá. Realizarase a mesma estructura que o sábado. A maiores, entregaranse premios e recordos do evento aos participantes, así como clausurarase o evento.
Obxectivo estratéxico 6: Fomento da cooperación.
Obxectivo específico 6.1; Crear un modelo de cooperación na implementación do programa 2014-2020.
Línea de actuación 6.1.1: Promover iniciativas de cooperación en diferentes ámbitos.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)