O proxecto consiste na posta en marcha do Centro de Formación de Sada. Equipandoo para poder realizar actividades e obradoiros de formación en habilidades dixitais para a mellora da competitividade do sector marítimo-pesqueiro, actividades de promoción do asociacionismo, un programa formativo e divulgativo en materia pesqueira local. Financiarase a adquisición e instalación de moblaxe e equipamento informático necesario no centro de formación en función das súas dimensións e distribución de espazos.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Os obxectivos do proxecto son:
Realización de acividades e obradoiros en habilidades dixitais para a mellora da competitividade do sector marítimo-pesqueiro, actividades de promoción do asociacionismo, un programa formativo e divulgativo en materia pesqueira local, co fin de desenvolver capacidades nas competencias laborais básicas, transversais, de acceso ao traballo, específicas como a atención sociosanitaria e persoas dependentes en institucións e de contidos técnicos dixitais en materia de innovación en transformación dixital, desenvolvemento e incorporación de tecnoloxías emerxentes, transformación cara a unha economía baixa en carbono ou incorporación da economía circular no modelo de negocio da peme, co obxectivo de dar resposta a retos expostos en empresas que buscan a innovación aberta mediante solucións baseadas en tecnoloxías emerxentes como intelixencia artificial, internet das cousas, tecnoloxías de procesamento masivo de datos e infomación, computación de alto rendemento, blockchain, procesamento de linguaxe natural, ciberseguridade, realidade aumentada, realidade virtual, robótica colaborativa, entre outras; con diferente tipos de poboacións a través de formacións virtuais e presenciais.
Espérase acadar un impacto significativo na capacitación de profesionais, o desenvolvemento empresarial e a promoción de prácticas sostibles e igualitarias, contribuíndo así ao progreso económico e social do municipio.
- Desenvolvemento de habilidades dixitais: Os participantes adquiren habilidades en tecnoloxías da información e a comunicación (TICs), o que lles permite utilizar ferramentas dixitais de maneira efectiva para diversos propósitos, como análises de datos, programación, deseño web, etc.
- Obtención do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais por parte de persoas desempregradas inscritas en EmpregoGalicia.
- Impulso ao emprendemento: O centro pode fomentar o espírito empresarial ao proporcionar capacitación en habilidades empresariais, apoio para o desenvolvemento de plans de negocio e acceso a redes de contacto con investidores e mentores.
- Xornadas divulgativas, conferencias sobre consumo, produtos do mar, reciclaxe, etc.
As accións a realizar son as seguintes:
- Adquisición de moblaxe (mesas, cadeiras, mobles, armarios, etc)
- Adquisición de equipamento informático (ordenadores, tablets, potátiles, impresora, pantalla dixital, proxector, etc.)
Obxectivo estratéxico 1: Aumento de valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e suministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividades produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico 1.3: Conseguir un sector pesqueiro profesional, innovador e igualitario no conxunto do territorio, xerando oportunidades para colectivos estratéxicos dentro do sector pesqueiro, ou relacionados coas actividades pesqueiras.
Actuación 1.3.1: Mellorar as condicións de traballo, seguridade, profesionalidade e cualificación do sector.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

