
O proxecto consiste na modernización das instalacións de iluminación da nave de redes e da lonxa de Sada, empregando a tecnoloxía LED que garanta en tódolos casos máis de 50.000 horas de durabilidade e permite unha importante mellora na eficiencia enerxética e na reducción da pegada de carbono.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O principal obxetivo do proxecto é a mellora da eficiencia enerxética da lonxa de Sada e da nave de redes a través da modernización das instalacións e tratando de contribuir á reducción da pegada de carbono, a mellora da conciencia do sector e a reducción dos custes da confraría mellorando a competitividade, o aumento da cadea de valor e a saúde visual dos operarios que alí traballan.
Dispor dunhas infraestructuras máis eficientes enerxéticamente e que sexan máis respetuosas co entorno e coiden mellor o produto, reducindo o impacto ambiental, a pegada de carbono e os custes asociados á actividade da lonxa, potenciando e consolidando ao mesmo teimpo os negocios do porto e da súa área de influencia.
Os resultados previstos son os seguintes:
- Mellora da eficiencia enerxética
- Reducción da pegada de carbono
- Disminución da emisión de gases de efecto invernadoiro
- Modernización das instalacións.
- Reducción de custes tanto en consumo como en mantemento
- Mellora dos resultados
- Aumento da calidade de vida dos traballadores da nave de redes por ter correctamente iluminados os traballor que fan
- Aumento da cadea de valor na subasta de peixe, pois terá a correcta iluminación do peixe.
A modernización das instalacións de iluminación da nave de redes e da lonxa de Sada ca axuda da tecnoloxía LED que garante en tódolos casos máis de 50.000 horas de durabilidade e permite unha importante mellora na eficiencia enerxética e na reducción da pegada de carbono.
Obxectivo estratéxico 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluindo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Obxectivo específico 3.2: Contribuir á reducción da pegada de carbono.
Liña de actuación 3.2.2: Favorecer un modelo de desenvolvemento enerxético sostible
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)