Publicacion:
18/10/2024
SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL NA ASOCIACIÓN "GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO GOLFO ÁRTABRO SUR"
Unha vez rematado o prazo para a presentación de alegacións sen que se teña presentado ningunha e seguindo co proceso de selección e contratación do posto indicado, a través da presente comunícase a puntuación final acadada polas persoas admitidas definitivamente na realización da proba escrita sobre os coñecementos relativos á actividade do GALP Golfo Ártabro Sur e a normativa de aplicación técnica que se establece nas bases do dito proceso.
Tras a realización da proba escrita continuarase co proceso de selección coa valoración do perfil profesional das candidaturas que teñen superado a mencionada proba escrita.

