Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Rematan co sector económico as mesas sectoriais a través das que se renovarán os órganos de goberno do GALP Golfo Ártabro Sur

 

  • Ao longo destas semanas os sectores pesqueiro, público, social e económico reuníronse para elixir os 17 membros que compoñerán a Xunta Directiva do Golfo Ártabro Sur no vindeiro exercicio.
  • O día 6 de novembro realizarase a Asemblea Xeral na que se nomearán os cargos da Xunta Directiva, presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e vogais.
  • As mesas sectoriais aproban os membros propostos á Asemblea Xeral para o nomeamento destes de acordo cos artigos 16 e 17 dos estatutos do GALP.

O encontro do sector ecónomico puxo o broche final ás reunións das mesas sectoriais a partir das que o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur escollerá a nova Xunta Directiva. O 6 de novembro nomearase aos seus membros na Asemblea Xeral, entre os que se atopan o presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro.

A elección dos novos órganos de goberno do GALP comezou coas mesas sectoriais nas que se reuniron os diferentes sectores da poboación e de onde sairán os 17 membros que conformarán a Xunta Directiva, que á súa vez, serán os encargados e encargadas de seleccionar ao presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a e tesoureiro/a para o próximo exercicio. Esta elección realizarase o vindeiro 6 novembro.

As mesas sectoriais aproban os membros propostos á Asemblea Xeral para o nomeamento destes de acordo cos artigos 16 e 17 dos estatutos do GALP.

Así pois, o encontro entre as asociacións empresariais asociadas puxeron hoxe o punto final ás mesas sectoriais que se levan realizando ao longo destes días. Nas reunións celebradas tamén estiveron as mesas do sector da pesca, social e administracións públicas.