martes, 26 de Maio de 2020 - 09:05

Ante a situación de crise que estaba a vivir o sector pesqueiro co comezo do Estado de Alarma, o día 22 de abril, todos os GALP de Galicia tomamos a decisión de mergullarnos nunha campaña para dar visibilidade á gran labor que estivo e está a realizar a xente do mar ante a situación provocada polo Covid-19 e tamén para sensibilizar á poboación sobre a importancia do consumo de peixe.
Para todo isto, decidimos que a mellor opción era dar voz ás propias persoas do sector pesqueiro e de todos aqueles sectores relacionados: transformación, restauración, náutica, etc. Porque ninguén mellor ca eles nos podía transmitir que estaba sucedendo no seu día a día, que necesidades tiñan e como se podía axudar para que este pilar para Galicia seguise en pé e sufrise as consecuencias o menos posible.
No GALP Golfo Ártabro Sur, puxémonos en contacto con todos os patróns maiores das nosas confrarías, así como coas principais asociacións do sector, empresas transformadoras, praceiras, etc. Cada un deles deunos o seu punto de vista, pero sen embargo, todos coincidían en que vai ser moi complicado saír de esta pandemia sen que se sufran graves consecuencias.
As primeiras voces que participaban na campaña achegábannos datos como que ante a falta de recursos para protexerse do virus (EPI’S), a caída da demanda doméstica e o peche da canle Horeca “o sector do mar reduciu en gran medida a súa actividade, con paróns de ata o 70% da frota nalgunhas autonomías”, comentaba Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores. Un dato moi alarmante para a nosa comunidade pois, como tamén comentaba José Antonio Pérez, presidente da Federación Galega de Confrarías “do sector pesqueiro viven directamente 22.000 persoas en Galicia.”
As impresións no noso territorio non variaban moito, Francisco Sánchez, patrón maior da Confraría de Mera, comentaba “Os mariñeiros fixemos un esforzo moi grande, fomos ao mar con unhas condicións que non eran as mais axeitadas para que á xente non lle faltara o peixe fresco” ou Felipe Canosa, Patrón maior da Coruña, comentaba “Non podemos parar de ir ao mar, qué comería a xente?”
Como dende os GALP queríamos aportar o noso gran de area realizando unha labor que axudase á cidadanía, quixemos propor 2 ou 3 receitas de peixe á semana, con elas conseguíamos que as persoas tivesen as súas necesidades semanais de peixe cubertas e ademais que as persoas soubesen como se cociñan as diferentes especies e todos aqueles que nunca as probasen ou que tivesen unha forma diferentes de cociñalas, terían unha escusa, como a de ter que permanecer nos seus domicilios para probar estas delicias que nos aporta o mar.
Podedes atopar todas as entrevistas e receitas no noso blog e redes sociais:
ENTREVISTAS:
- Alberto L. Castro García, presidente do GALP Golfo Ártabro Sur
- Francisco Manuel Sánchez Neira, patrón maior da Cofradía de Pescadores de Mera
- Emilio Méndez Gómez, patrón maior da Confraría de Pescadores de Lorbé
- Alejandro Pérez, patrón maior da Cofradía de Pescadores de Sada
- Felipe Canosa Entonado, patrón maior da Cofradía de Pescadores de A Coruña
- Juan Carlos Corrás, xerente da asociación PESCAGALICIA-ARPEGA-OBARCO
- Andrés García Boutureira, portavoz da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga)
- María das Redeiras de Lorbé
- Andrés Pena, presidente da Agrupación de Mariscadores da Ría do Burgo
- Sonia Amor, peixeira no posto “Pescaderías Sonia” do Mercado de Elviña
- José Luis Otero, xerente da lonxa da Coruña

RECEITAS:
- Centola