Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Stella Maris Albarari

O proxecto consiste na mellora dun yate clásico aportando por excursións e rutas náuticas polas Rías Altas a bordo deste tipo de embarcacións, coa posibilidade de pernocta a bordo con tódolos servizos incluídos. A motivación principal das excursións céntrase no turismo náutico-pesqueiro, ofrecendo ao cliente unha inmellorable oportunidade para coñecer as enormes riquezas que ofrece o territorio, entre as que cabe destacar a divulgación medioambiental, a cultura marítima local, o patrimonio litoral e a gastronomía. 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Albarari SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Sociedade limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a proxectos ao amparo da EDLP do GALP na convocatoria 2024.
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
01/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
31
Anualidades: 
2024-2025-2026
Data fin de execución: 
15/07/2024
Ámbito de aplicación: 

Golfo Ártabro

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
61.592,21
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
58.989,69
Total axuda pública aprobada (€): 
29.494,84
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
20.646,40
FEMP (%): 
70
CA (€): 
8.848,45
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
4
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto céntrase no lanzamento dunha nova actividade turística no territorio, actualmente inexistente, consistente na organización de rutas e excursións turísticas a bordo dun barco por máis dunha xornada, coa posibilidade de pernoctar durante máis dunha noite nel e contando coa confortabilidade propia dun barco destas características: camarote privado, auga, luz, A/C, cociña, por varios días no que ven a chamarse "Cabin Charter", moi presente noutras zonas do litoral nacional e Mediterráneo. 

Esta posibilidade permite ao cliente disfrutar dunha actividade náutico-turística moito máis completa e confortable que as rutas que fan outras empresas nas que se ofrecen excursións moi breves. Tanto pola duración da actividade, como tamén pola pernocta a bordo do barco, a actividade resulta de moito máis proveito para o visitante, pois pode ampliar máis o coñecemento do destino (Golfo Ártabro) de xeito máis intenso, contemplando todo os aspectos turísticos que ofrece. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Os resultados esperados atópase:

- Atraer un número elevado de turistas náuticos durante os próximos anos, ávidos de novas experiencias, e que veñan a coñecer as riquezas do noso patrimonio marítimo, náutico e pesqueiro, e a disfrutar da gastronomía local, especialmente derivada dos produtos da pesca e da acuicultura. Dado que a capacidade do barco é de 12 persoas, e que previsiblemente as estancias serán breves, espérase que haxa unha gran rotación e polo tanto un elevado número de usuarios deste novo servicio turístico. 

- Poñer en valor o territorio, a cultura marítimo-pesqueira existente no Golfo Ártabro, e o patrimonio existente no litoral, che de recursos turísticos cun amplo potencial. 

Principais actividades do proxecto: 

As actvidades a realizar durante as travesías con motivo das excursións e saídas a bordo do Ocean Falcon, son as seguintes: 

- Divulgación da historia do Golfo Ártabro, orixe, evolución e actualidade. 

- Divulgación do patrimonio material e inmaterialvinculado ao mar. 

- Posta en valor do barco histórico Ocean Falcon, inscrito no rexistro nacional, e cunha larga e dilatada traxectoria de máis de 50 anos. 

- Historia das Vilas Mariñeiras máis salientables do Golfo Ártabro e a cultura marítimo pesqueira que nelas se desenvolve. 

- Visitas guiadas ás lonxas máis representativas. 

- Visitas aos centros de producción de produtos da pesca (mexilloeiras e cetáreas)

- Degustación e catas de produtos locais da pesca e da acuicultura, especialmente nas ceas que se sirvan a bordo. 

- Oferta de menús elaborados con productos da pesca e agricultura local, km 0

- Divulgación do coñecemento das estrelas e o firmamento, técnicas de navegación ancestrais.

- Actividades de sensibilización aos turistas das estratexias de sostenibilidade, minoración do impacto da pegada de CO2, dos efectos do cambio climático, e da importancia da conservación dos ecosistemas e o hábitat. 

- Promoción da actividade de conservación das pradeiras de posidonia na ría de Betanzos como sumidoiros de CO2. Colaboración coa Reserva da Biosfera no mantemento dos ecosistemas locais submarinos.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OE 1 - Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio. 

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)