Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Turismo e náutica

Este proxecto está baseado na mellora e ampliación das instalacións do Club Náutico de Sada, para conseguir un turismo náutico de calidade e evitar a estacionalidade da actividade. 
Nunha primeira fase preténdese realizar a ampliación e mellora das instalacións levando a cabo as seguintes actuacións: 
- Creación dun novo pantalán de motos de auga, xerando novas prazas de amarre e liberando prazas de atracada para barcos. 
- Mellora dos pantaláns, as táboas cambiaranse por  composite, material non esvaradío de maior duración. 
- Mellora do cableado eléctrico con revestimento de neopreno.
- Realización do folleto “ Camiño Inglés”
 
Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Club Náutico de Sada
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados para os grupoas de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2020
Data de aprobación: 
20/07/2020
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
30
Anualidades: 
2020-2021-2022
Data fin de execución: 
31/10/2022
Ámbito de aplicación: 

O proxecto repercute  territorialmente falando afecta os concellos de Ares, Bergondo, Betanzos, Ferrol, Miño, A Coruña, Mugardos, Sada e Oleiros.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
156.719,20
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
129.520,00
Total axuda pública aprobada (€): 
129.520,00
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
110.092,00
FEMP (%): 
85
CA (€): 
19.428,00
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
Os principais obxectivos son os seguintes: 
- Aumentar o turismo de Calidade en Sada
- Potenciar a  internalización do Club Náutico, captando clientes dos grandes roteiros do norte de Europa. Facendo de Sada a recalada natural de  eses roteiros internacionais. 
- Crear emprego
- Diversificar as actividades ligadas ao sector náutico e turístico.
- Mellorar os pantaláns, aumentando a súa accesibilidade, así como a calidade do servizo. 
- Aumentar o número de prazas de atracada
- Aumentar o consumo de peixe fresco e de proximidade
- Aumentar o cociente de participación feminina nas actividades
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
Os resultados previstos son os seguintes: 
- Incrementar o grao de ocupación das instalacións ata a 90%
- Atracción dun cliente cun poder adquisitivo alto, xerando sinerxias para o sector turístico tola, comercio e produtos pesqueiros locais. 
- Mellorar os servizos do Club para alcanzar un cliente potencial de máis poder adquisitivo. 
Con isto conseguirase consolidar a Sada como un destino de referencia, mellorando sen dúbida a capacidade turística da zona, así como un notable incremento do consumo dos produtos pesqueiros frescos e de proximidade. 
Coa mellora dos pantaláns increméntase a accesibilidade cuns materiais menos esvaradíos e de moita maior duración. Facilitando que todo o mundo poida gozar deportes náuticos e de natureza e beleza na ría de Ares-Betanzos.
Principais actividades do proxecto: 
As principais actividades do proxecto divídense en dúas fases: 
- Fase 1: Ampliación e mellora das instalacións: 
- Creación dun novo pantalán para motos de auga, xerando novas prazas de amarre e liberando prazas de atracada para barcos. 
- Mellora dos pantaláns, as táboas cambiaranse por  composite, material non esvaradío e de moita maior duración.
- Mellora no cableado eléctrico con revestimento de neopreno. 
- Realización do folleto “ Camiño Inglés” en tres idiomas para dar a coñecer os concellos do devandito camiño e poder potencialos.
- Fase 2: Realización da Regata  Transgascogne
 
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 2.: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en sentido amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento de emprego. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 2.: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en sentido amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento de emprego. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)