Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

UN MAR DE OPORTUNIDADES LABORAIS

Golfo Ártabro Sur amosa o seu compromiso coa inserción de persoas con diversidade funcional no mundo laboral. Dentro das iniciativas que leva a cabo neste ámbito, a asociación organiza o evento “Un mar de oportunidades laborais”. O encontro terá lugar o 29 de outubro ás 16:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples de Culleredo.
 
O evento busca dar a coñecer os avances que se están obtendo na inserción laboral das persoas con diversidade funcional, amosando os diferentes proxectos financiados polos GALP galegos en relación ás boas prácticas na Diversidade Funcional. Con isto búscase crear novos proxectos e sinerxías no territorio. Asociacións do territorio presentarán todos os programas, metas e logros para alcanzar a desexada empregabilidade. Tamén participarán no evento persoas con diversidade funcional que exporán ao público a súa experiencia persoal á hora de atopar un traballo.
 
As charlas rematarán cunha mesa redonda na que se poderán aportar ideas e crear novos lazos e iniciativas. As persoas interesadas en participar poderán inscribrise a través do seguinte formulario de inscrición https://bit.ly/2Vwyrks, mandando un correo a galpgolfoartabrosur@gmail.com ou chamando ao  881.896.417.