Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Vehículo con isotermo para comercializar o noso producto e chegar a todos los domicilios

O proxecto consiste na adquisición dun vehículo con cámara isotérmica e certificado ATP, destinado ao transporte da materia prima mariña desde os puntos de captura ata a súa venda, garantindo a trazabilidade, hixiene e calidade do produto. Este vehículo permitirá implementar un novo modelo de comercialización directa por parte do armador, podendo realizar entregas en calquera punto da xeografía galega en condicións óptimas de conservación e temperatura.

A furgoneta contará cunha clasificación enerxética cero, contribuíndo así á eficiencia enerxética e á redución das emisións de CO₂. O proxecto tamén contempla o uso do vehículo para outras actividades de apoio, como a vixilancia das zonas de cría e a loita contra o furtivismo no Golfo Ártabro, reforzando así o compromiso coa sostibilidade e a conservación dos recursos mariños.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Joaquin Sanmiguel Monroy
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Autónomo
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo da EDLP, aprobadas a os GALP no marco dos fondos FEMPA, correspondentes ao ano 2025.
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
-
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Golfo Ártabro Sur

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
43.201,45
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
43.201,45
Total axuda pública aprobada (€): 
43.201,45
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
30.241,02
FEMP (%): 
70
CA (€): 
12.960,43
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
0
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Mellorar a conservación da materia prima mariña durante o seu traslado e reforzar a cadea de frío, contribuíndo á sostibilidade do negocio pesqueiro.

  • Aumentar a competitividade do armador mediante a comercialización directa do produto pesqueiro.

  • Optimizar a loxística do transporte, reducindo a dependencia de intermediarios e lonxas afastadas.

  • Garantir a trazabilidade e seguridade alimentaria dos produtos pesqueiros.

  • Mellorar a eficiencia enerxética e reducir as emisións de CO₂ coa incorporación dun vehículo máis eficiente.

  • Reforzar as tarefas de vixilancia ambiental realizadas polo promotor en zonas de produción.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Transporte máis eficiente, hixiénico e seguro do produto desde o mar ata o consumidor final.

  • Aumento da capacidade de distribución directa dos produtos pesqueiros.

  • Mellor presenza e recoñecemento do produto local nos mercados, con impacto positivo nos prezos.

  • Redución do impacto ambiental mediante un vehículo de menor consumo e emisións.

  • Consolidación do emprego do armador e da actividade pesqueira.

  • Contribución á loita contra o furtivismo e á conservación das zonas de cría.

Principais actividades do proxecto: 
  • Compra dun vehículo con cámara isotérmica e certificado ATP.

  • Adaptación do vehículo para o transporte de produto pesqueiro fresco baixo condicións controladas.

  • Implementación dun novo sistema de loxística directa e comercialización autónoma por parte do armador.

  • Emprego do vehículo para actividades de vixilancia ambiental no Golfo Ártabro.

  • Comunicación do proxecto e promoción do valor do produto local nos mercados.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.2:  Promover prácticas sostibles, mellora das condicións laborais e reducción da contaminación derivada da actividade pesqueira e acuícola. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)