O proxecto consiste na adquisición dun vehículo con cámara isotérmica e certificado ATP para o transporte da materia prima pesqueira dende a súa captura ata a venda final. O novo vehículo, con tecnoloxía eficiente e clasificación enerxética cero, permitirá conservar a cadea de frío en condicións óptimas, garantindo a calidade, trazabilidade e hixiene dos produtos.
Ademais de cubrir as necesidades loxísticas actuais, esta furgoneta posibilitará abrir novas canles de comercialización directa, sen depender exclusivamente da venda en lonxa, ofrecendo un servizo propio de entrega aos clientes en calquera punto da xeografía galega. O proxecto tamén contribuirá á redución de emisións de CO₂ e ao aforro enerxético, ao contar cun vehículo de baixo consumo.
O promotor do proxecto realiza, así mesmo, labores de vixilancia das zonas de cría e dos ecosistemas mariños nos que traballa, favorecendo a conservación do medio e a prevención do furtivismo no Golfo Ártabro.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Mellorar a conservación da materia prima durante o transporte, mantendo a cadea de frío ata a lonxa ou punto de venda.
-
Garantir a trazabilidade, seguridade alimentaria e calidade do produto capturado.
-
Ampliar as canles de comercialización mediante loxística propia.
-
Reducir a dependencia da venda exclusiva en lonxa e ofrecer entregas directas a compradores.
-
Mellorar a eficiencia enerxética e reducir as emisións de CO₂ co uso dun vehículo sostible.
-
Ofrecer unha mellor imaxe comercial da empresa e reforzar a fidelización dos clientes.
-
Apoiar a vixilancia ambiental das zonas de produción mariña e contribuír á loita contra o furtivismo.
-
Mantemento da calidade e frescura do produto durante o transporte.
-
Aumento da capacidade de distribución da empresa e apertura de novos mercados.
-
Mellora do prezo e competitividade do produto grazas á súa presentación e conservación.
-
Consolidación dos postos de traballo actuais na empresa.
-
Redución do impacto ambiental derivado do transporte por medio dun vehículo máis eficiente.
-
Reforzo do control ambiental e das condicións dos ecosistemas mariños.
-
Compra dun vehículo con cámara isotérmica certificada para o transporte de produtos pesqueiros.
-
Adaptación do vehículo aos requisitos sanitarios e de trazabilidade alimentaria.
-
Integración do novo sistema loxístico na operativa diaria da empresa.
-
Ampliación das rutas de distribución dos produtos pesqueiros a novos puntos de venda.
-
Realización de tarefas de vixilancia nas zonas de cría e traballo do promotor.
Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministro dos productos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade productiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico 1.2: Promover prácticas sostibles, mellora das condicións laborais e reducción da contaminación derivada da actividade pesqueira e acuícola.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

