mércores, 21 de Febreiro de 2018 - 05:02

Mañá xoves celebrarase no Acuario Fisterrae da Coruña, unha acción formativa de Cooperación do GALP Golfo Ártabro Sur para os representantes dos GALP de toda Galicia, ten por obxecto o Aproveitamento Cultural do Patrimonio Subacuático Galego e Costeiro Asociado.
Esta acción formativa que terá lugar o vindeiro 22 de Febreiro de 2018, no Aquario Fisterrae, sito no Paseo Marítimo Francisco Vázquez Vázquez da Coruña. En horario de 11:00 a 15:00.
Esta actividade forma parte das accións a prol da Cooperación entre territorios que amosa a nosa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, e de valorización de noso patrimonio litoral material e inmaterial.
Foto: José A. López Viñas