Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada para o aproveitamento cultural do patrimonio subacuático

 

Este xoves 29 de novembro, o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur organiza a xornada formativa:

“Aproveitamento Cultural do Patrimonio Subacuático Galego e Costeiro Asociado”.

Está dirixida a empresas náuticas e turísticas da nosa contorna e celebrarase ás 17 horas nas instalacións do GALP, na Av. do Porto, 21-Baixo.

Os naufraxios ocurridos neste litoral son unha oportunidade de dinamización do territorio costeiro fronte ao que descansan.

No evento demostrarase a oportunidade de conectar o patrimonio co desenvolvemento turístico sostible e o emprendemento de particulares, asociacións e empresas da zona ó redor de recursos endóxenos e orixinais. Ademais, explicaranse as oportunidades de establecer líñas de colaboración con  outras entidades especializadas ó redor dun proxecto común.

Por outra banda, presentarase a iniciativa de crear un Itinerario Cultural Europeo baseado nos naufraxios, de maneira que cada pecio sexa un eixo de relación cos países vinculados.