Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ABANCA e o GALP Golfo Ártabro Norte asinan un novo convenio para facilitar financiamento ao sector pesqueiro

Ambas as entidades reforzan o traballo conxunto grazas á división especializada que mantén o banco neste sector: ABANCA Mar

Os profesionais deste grupo de acción costeira optarán a produtos específicos lanzados polo banco con sede en Galicia para o sector pesqueiro

ABANCA renovou onte día 4 de xullo a alianza que mantén co Grupo de Acción Local do sector pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte co obxectivo de impulsar o desenvolvemento socioeconómico da poboación pesqueira nesta franxa costeira.

O representante do GALP, José Manuel Fernández Lage, e o director de zona de ABANCA en Betanzos/Eume, José Ulfe Bugallo, foron os encargados de asinar o novo acordo, nun acto celebrado en Miño. Este convenio pon o acento especialmente na reactivación económica por medio do crédito, unha peza básica para acadar a posta en marcha de novos proxectos e promover a mellora da competitiva dos actuais. Os profesionais pertencentes a esta entidade sen ánimo de lucro contarán con condicións melloradas na contratación de produtos de ABANCA como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións, leasing mobiliario, liñas de comercio exterior, confirming, avais ou liñas de desconto.

ABANCA tamén ofrecerá outros produtos a medida do sector, como a hipoteca naval para financiar buques e outro tipo de embarcación vinculadas á actividade pesqueira, ou seguros personalizados para este colectivo. 

Do mesmo xeito, desde as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través de convenios oficinas que a entidade mantén con ICO e as SGR galegas. Grazas a este texto, os profesionais do sector pesqueiro poderán optar ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

O GALP Golfo Ártabro Norte naceu co obxectivo de colaborar na gobernanza da súa zona de actuación, que abrangue dez municipios da costa coruñesa. O grupo participa activamente na construción da capacidade organizativa da zona pesqueira, e serve de núcleo de converxencia e representación de entidades e axentes socioeconómicos con interese no desenvolvemento integral e equilibrado da área. Representa a decenas de entidades locais, entre concellos, confrarías de pescadores e outras organizacións profesionais vencelladas ao sector pesqueiro, asociacións de empresarios e comerciantes, e agrupacións de carácter social.

Forte compromiso co mundo do mar

Este marco de colaboración súmase aos acordos en materia financeira que a entidade financeira galega mantén coa maior parte das confrarías de pescadores de Galicia e as principais organizacións do sector, que reflicten o compromiso do banco con este sector estratéxico para a nosa comunidade.

A través de ABANCA Mar, a entidade financeira pon a disposición do sector un crecente catálogo de produtos adaptados, ademais da proximidade e experiencia dun equipo de profesionais altamente cualificados e cun profundo coñecemento da heteroxénea cadea de valor do mar.