
A Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol formada por máis de 250 socios e socias, con este proxecto compra un escaner e unha impresora láser monocromo para as oficinas da confraría, co obxecto de aumentar o control sobre as compras e ventas do peixe e marisco la lonxa da Confraría de Pescadores. Tamén compra dous vehículos, un para a vixilancia do ámbito territorial da confraría e control das capturas e do acceso ao recurso por parte dos vixilantes da propia confraría, e outro para o transporte das mostras recollidas para unha mellor planificación dos mariscadores e mariscadoras. Ao ser un vehículo preparado con frío e isotermo manterá as mostras en perfecto estado ata a súa embalaxe para o seu traslado.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Os equipos permitirán un mellor control sobre as compras e as vendas de peixe e marisco.
Mellor hixiene nas instalacións da confraría
Consolidar no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte ao sector da pesca e o marisco.
Diversificar a comercialización dos produtos locais a través da introdución de modelos innovadores e novos xeitos de loxística no negocio.
Fomentar unha pesca sustentable dende o punto de vista medioambiental, eficiente no uso dos recursos, innovadora, competitiva e baseada no coñecemento
Control das capturas nos puntos de desembarco na costa e mostraxes indicativas da capacidade pesqueira e marisqueira
Mantemento dos empregos da Confraría de Pescadores e do sector do marisqueo e a pesca asociados á confraría
Mellora da comercialización do peixe e marisco, máis axilidade na venda e no tratamento da documentación asociada, así como a trazabilidade, ademáis dun mellor control da facturación
Facilitar a elaboración dos plans de pesca e marisqueo, da elaboración e seguimentos dos permisos de explotación e o tratamento e proceso dos datos
Facilitar a vixilancia do ámbito territorial da Confraría e o control do furtivismo e das capturas, así como o mantemento nas mellores condicións das mostraxes realizadas nos caladoiros
Compra de equipamento informático: escáner e impresora para oficinas da Confraría de Pescadores
Furgón isotermo e furgoneta
Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Poñer en marcha fórmulas para incrementar o valor do produto pesqueiro
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)