Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Campaña #QuedaCoNosoMar

#QuedaCoNosoMar

 

Á campaña Queda Co Noso Mar súmase tamén a opinión do #presidente do GALP GOLFO Artabro NORTE, José Manuel Fernández Lage, ao respecto deste ámbito territorial:

Resalta as características tan peculiares que teñen as 6 confrarías deste territorio, principalmente o seu tamaño. “Temos Confrarías moi pequenas e con poucos socios e socias, e en canto á actividade algunhas delas dedícanse exclusivamente ao “marisqueo a pé”, non tendo outras opcións como vía de escape nestes momentos” “Estamos parcialmente paralizados e con moi pouca actividade”

Ao non ser considerado o marisco un produto de primeiro necesidade, non hai demanda para a súa venda, xurden  moitas complicacións para realizar subastas ou colocar o produto a un único comprador respetando prezos de mercado, como fan algunhas das nosas confrarías, porque non hai compradores”, explica. 

Nestes momentos “vivir do noso mar e das nosas rías” non é unha tarefa fácil, agravada polo peche do sector da restauración.... pero, mentres tanto, reclama para este territorio máis axudas para soster un sector que dá emprego “ a moitas familias”, e sobre todo que non desapareza, e que poidan contribuír a impulsar a economía deste ámbito territorial....e rexurdan no momento que esta “pandemia”, que nos levou a este “estado de alarma”, desapareza.