Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Entrevistamos a testemuñas directas vinculadas co sector pesqueiro e marisqueiro

#QuedaCoNosoMar

#QuedaCoNosoMar

 #QuedaConNuestroMar

O Patrón maior da Confraría de Pescadores de Miño, José Manuel Fernández Lage, aínda que tamén é o noso Presidente, respondeu ás nosas preguntas en calidade de Patrón maior da Confraría de Miño.

 

A Confraría de Pescadores de Miño, é a máis pequena en canto a número de socios das 6 Confrarías deste ámbito territorial. Ten sobre 25 socios e socias, dos Concellos de Miño, Paderne, Betanzos e Bergondo que se dedican principalmente á actividade marisqueira, xa que a actividade pesqueira foise perdendo pouco a pouco.

 

MARISQUEO: Ameixa fina, Ameixa xapónica,  Berberecho e  Ostra rizada.

 

Contacto: Tlfno. 981 782 755 / cofradiamino@hotmail.com

 

Igual que sucede noutras actividades, a crise provocada polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afronta esta situación? Que pode facer a cidadanía para axudar ao sector do mar?

Perante a situación que estamos a vivir motivada pola aplicación do estado de alarma decretado polo goberno central con motivo do Covid 19, dende as confrarías estase a vivir con moita inquietude pola forte caída da demanda dos nosos produtos, tralo peche da principal canle de distribución como é a restauración, afectando  especialmente  a  aquelas confrarías que teñen no marisqueo a súa principal fronte de ingresos. 

Sen esquecer a incerteza que nos xera a  falta  de medidas axeitadas para defendernos do virus dada  a  especial particularidade do  noso traballo.  

Da cidadanía demandaríamos e agradeceríamos seguisen consumindo produtos do noso mar, que ademais de seren un alimento esencial, farían que todo o noso esforzo nestes momentos tan difíciles véxase recompensado e valorado”

Cal considera que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade, para a sociedade e a economía de Galicia?

A actividade do marisqueo na nosa comunidade e mais concretamente no Golfo Ártabro Norte, supón a súa principal fonte de ingresos sendo en algúns casos máis do 80% da facturación

Canto emprego e volume de facturación xera o sector do mar na zona?

Neste ámbito territorial somos 6 Confrarías de Pescadores, onde arredor dun millar de persoas traballan neste sector. 

Que características propias da súa actividade fan que sexa esencial para a sociedade?

A actividade do marisqueo a mais de supoñer un modo de vida, e fundamental para conservación dos espazos intermareais, dado que co seu modo de traballo están a favorecer a descompatación e aereación do sustrato.

Por que cre que é vital consumir produtos do mar?

Consumir produtos do mar e fundamental para o tecido económico, dada a gran diversidade de empresas que interveñen na súa transformación e   distribución, favorecendo deste xeito a manter un importante número de empregos.