Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mellora da comercialización da ostra rizada e do mantemento dos bancos na Confraría de Mugardos

A Confraría de Pescadores de Mugardos avanza na modernización dos seus medios coa adquisición dun remolque para o tractor oruga multifuncional, un equipamento que permitirá optimizar o transporte dos lotes de ostra rizada e mellorar significativamente os tempos de traballo nas tarefas extractivas.
Na actualidade, unha parte importante do tempo destinado ao marisqueo pérdese no traslado manual das capturas. Este novo remolque contribuirá a incrementar a produtividade, permitindo un aproveitamento máis eficiente do tempo dispoñible. Ademais, utilizarase tamén para tarefas de coidado e mantemento dos bancos marisqueiros, facilitando o transporte de materiais e produtos de forma máis rápida e eficaz.
Este proxecto busca tamén incrementar a extracción dunha especie foránea como a ostra rizada, cuxa presenza ameaza ás especies autóctonas, contribuíndo así á protección do ecosistema mariño local e promovendo ao mesmo tempo a súa valorización comercial.
A iniciativa representa un beneficio colectivo para toda a confraría, reforzando a sostibilidade da actividade, mellorando a eficiencia operativa e contribuíndo ao mantemento do emprego no sector do marisqueo a pé, así como á posta en valor do traballo das persoas mariscadoras.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores de Mugardos
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Organización de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
-
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
09/07/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Mugardos

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
19.178,50€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
19.178€
Total axuda pública aprobada (€): 
19.178€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
13.424,60€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
5.753,40€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
5
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
Este proxecto da Confraría de Pescadores de Mugardos ten como finalidade mellorar a eficiencia das tarefas marisqueiras e contribuír á sostibilidade ambiental e social do sector. Os seus obxectivos principais son:
  • Aumentar a presión pesqueira sobre a ostra rizada, facilitando a extracción dunha maior cantidade desta especie invasora e mitigando o seu impacto sobre os recursos autóctonos.
  • Impulsar a promoción e comercialización da ostra rizada, favorecendo o seu valor de mercado e mellorando a rendibilidade da actividade marisqueira.
  • Optimizar as tarefas de mantemento dos bancos marisqueiros, reducindo os tempos de traballo e facilitando o labor das persoas mariscadoras, grazas ao uso do novo remolque.
  • Conservar e recuperar os recursos marisqueiros locais, promovendo unha xestión máis sostible e equilibrada do ecosistema mariño da zona de Mugardos.
  • Favorecer a conciliación laboral, persoal e familiar, mellorando as condicións de traballo dos profesionais do marisqueo a pé e contribuíndo ao benestar das súas familias.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
A implementación deste proxecto permitirá á Confraría de Pescadores de Mugardos acadar avances significativos tanto na xestión ambiental como na operatividade diaria do marisqueo. Os principais resultados previstos son:
  • Aumento da eficiencia pesqueira sobre a ostra rizada, ao permitir un transporte máis áxil e eficaz. Isto supón máis tempo dispoñible para a súa extracción, beneficiando directamente o rendemento das mulleres mariscadoras.
  • Promoción e incremento do valor da ostra rizada no mercado, facilitando a súa comercialización a maior escala e achegándoa a un número crecente de consumidores.
  • Mellora das tarefas de coidado dos bancos marisqueiros, ao optimizar os procesos loxísticos e reducir os tempos de traballo grazas ao uso do novo remolque.
  • Recuperación dos ecosistemas mariños locais, ao liberar espazo natural que a ostra rizada ocupa, favorecendo así os hábitats das especies autóctonas.
  • Mantemento e impulso do emprego no sector, grazas á maior eficiencia extractiva e ao posible incremento dos ingresos das persoas asociadas á confraría.
Principais actividades do proxecto: 

Adquisición dun remolque multifunción adaptado ao vehículo marisqueiro (tractor oruga), co obxectivo de facilitar o transporte de útiles, equipos e produto, mellorando a eficiencia do traballo no marisqueo e contribuíndo á seguridade e sustentabilidade da actividade.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar

 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)