
A Confraría de Pescadores de Miño que conta actualmente con 24 socios e socias, con este proxecto compra un motor para a embarcación da que dispoñen para poder acceder aos bancos marisqueiros e aproveitando a baixamar poder extraer o produto, non tendo que desprazarse a pé ata o lugar. Así os mariscadores e mariscadoras poderán facer as labores de traslado do marisco extraído nas súas zonas de explotación ata o punto de venda en moito menor tempo, conservando e preservando a calidade do produto.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Mellora na accesibilidade ós bancos marisqueiros da Confraría de Miño, facilitando o acceso tanto os mariscadores e mariscadoras como a asistencia técnica, dado que hai zonas ás que non se pode acceder a pé
Poder levar a cabo as limpezas plasmadas no plans de explotación presentados ante a Consellería do Mar
Contribuir á mellora do comercio e de proximidade, potenciando o consumo local dos produtos da pesca e o marisqueo.
Mellor servizo á Confraría
Mantemento de emprego
Acceso aos bancos marisqueiros, aproveitando o tempo da marea
Motor para a embarcación "Ría de Miño"
Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Fomentar a posta en marcha de novas actividades empresariais vinculadas ao sector do mar que acheguen máis valor a nivel local
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)