Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Melloras na comercialización de produtos do mar da Confraría de Ares

A Confraría de Pescadores de Ares impulsa un novo proxecto co obxectivo de mellorar a comercialización e conservación dos seus produtos pesqueiros, beneficiando ao conxunto dos seus socios. Para iso, adquire un viveiro (centro regulador de crustáceos) e un furgón GLP con etiqueta ECO, dotado de enganche para o traslado do produto en remolque isotermo.
Esta actuación permitirá optimizar a cadea de frío, garantindo unha mellor calidade do marisco e peixe dende a súa captura ata a comercialización, ao tempo que reducirá os desprazamentos á lonxa, mellorando a eficiencia loxística do proceso.
Ademais, a adquisición dun vehículo con combustibles alternativos contribúe á redución da pegada de carbono, promovendo prácticas máis sostibles e respectuosas co medio mariño e fomentando a economía azul e circular no sector pesqueiro.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores de Ares
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Organización de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de febreiro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
09/07/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Ares

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
80.663,28€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
80.663,28€
Total axuda pública aprobada (€): 
80.663,28€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
56.464,30€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
24.198,98€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Mellorar o transporte e conservación dos produtos do mar, permitindo ofertalos en condicións óptimas de calidade e frescura, grazas ao novo viveiro (centro regulador de crustáceos), que permite manter o marisco o tempo preciso para a súa comercialización en condicións óptimas.
  • Optimizar o rendemento económico para os asociados, garantindo unha maior marxe de beneficio sen comprometer a calidade do produto.
  • Facilitar unha xestión máis eficiente e sostible, reducindo os tempos e esforzos nas tarefas de transporte e loxística, ao tempo que se promove unha mellor conciliación da vida laboral e familiar para as persoas asociadas.
  • Reducir a pegada de carbono, grazas á incorporación dun furgón isotermo con tecnoloxía GLP (etiqueta ECO), contribuíndo á loita contra o cambio climático mediante a diminución das emisións de gases de efecto invernadoiro.
  • Mellorar a xestión operativa da Confraría, dotando á entidade de medios modernos e sostibles que reforzan a súa capacidade loxística e comercial.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Incremento da calidade na comercialización dos produtos pesqueiros, grazas á conservación no viveiro, que permite manter o marisco en condicións óptimas ata o momento da súa venda, sen perda de frescura nin valor comercial.
  • Redución dos desprazamentos á lonxa, ao poder almacenar e organizar mellor o produto, o que supón unha importante aforro de tempo, custos e recursos para os socios e socias da confraría.
  • Menor impacto ambiental, ao empregar un furgón con tecnoloxía GLP que reduce notablemente as emisións de gases contaminantes respecto aos vehículos tradicionais.
  • Mellora da eficiencia loxística da Confraría, facilitando o transporte seguro e rápido dos produtos, reforzando así a capacidade operativa e a resposta á demanda do mercado.
  • Beneficio colectivo para o conxunto da confraría, ao tratarse de investimentos de uso compartido que melloran o servizo ofrecido aos profesionais do mar da entidade.

 

Principais actividades do proxecto: 
  • Adquisición e posta en funcionamento dun Viveiro Simafi con todos os accesorios necesarios, que permitirá conservar o marisco en condicións óptimas, regulando temperatura, salinidade e outros parámetros esenciais para garantir a calidade do produto.
  • Compra dun furgón propulsado por GLP (etiqueta ECO), equipado cun enganche para remolque isotermo, destinado ao traslado eficiente e sostible dos produtos pesqueiros, reducindo a pegada de carbono e mellorando a loxística da confraría.

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.2. Conseguir un sector pesqueiro resiliente onde as actividades marítimo-pesqueiras acaden un peso importante na actividade económica da zona costeira

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)