
A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025.
Outorgouse un prazo de alegacións de 10 días hábiles dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte e na páxina web dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia, que foi o día 24 de abril de 2025, rematando o prazo de alegacións o día 9 de maio de 2025.
Rematado o período de alegacións o venres 9 de maio, recibiuse unha alegación ao respecto do seguinte proxecto, que foi debatida nunha reunión de Xunta Directiva celebrada o día 15 de maio de 2025, previa proposta do equipo técnico : PE155A-2025-00127.
Realizadas as correccións oportunas, a Xunta Directiva eleva a público unha proposta de resolución definitiva, Convocatoria 2025, que será trasladada á Consellería do Mar para a súa aprobación definitiva.
Outórgase un prazo de alegacións de 10 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte, que será o día 20 de maio, exclusivamente para o proxecto PE155A-2025-00184.
Esta proposta de resolución definitiva de Xunta Directiva para proxectos das partidas 770, 780 e 760, así como os desestimados/inadmitidos da Convocatoria 2025, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade de crédito orzamentario para as partidas orzamentarias 770, 780 e 760 para esta convocatoria 2025.
Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións DEFINITIVAS:
Certificado Xunta Directiva resolución DEFINITIVA Convocatoria 2025
Anexo I. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva partida orzamentaria 770 Convocatoria 2025
Anexo II. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva partida orzamentaria 780 Convocatoria 2025
Anexo III. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva partida orzamentaria 760 Convocatoria 2025
Anexo IV. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva DESESTIMADOS/INADMITIDOS Convocatoria 2025

