
A Confraría de Pescadores de Ferrol continúa co proceso de modernización e ampliación da súa peixería “A Túa Lonxa”, incorporando novo equipamento que permitirá mellorar a operatividade e a calidade do servizo. Con este proxecto, adquírese material profesional como catro mesas de traballo, dous bancos, un armario de refrixeración e dous armarios de conxelación, permitindo unha mellor organización das estancias e maior eficiencia nas tarefas diarias.
Trátase dun proxecto cun claro beneficio colectivo, que promove a actividade económica do conxunto da entidade e contribúe á valorización da pesca costeira artesanal, mantendo vivas as profesións do mar con infraestrutura axeitada, moderna e sostible.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Mellorar as condicións técnicas e funcionais da peixería “A Túa Lonxa”, mediante a adquisición de equipamento moderno e profesional.
- Optimizar os espazos de traballo, facilitando a actividade diaria e mellorando a seguridade, hixiene e eficiencia do persoal.
- Incrementar a calidade do produto ofrecido ao consumidor, asegurando a súa correcta conservación e presentación.
- Impulsar a venda directa como estratexia de comercialización, beneficiando economicamente aos socios e socias da confraría.
- Reforzar a imaxe da confraría como punto de referencia no comercio de proximidade e no consumo de produto local e fresco.
- Nova distribución e equipamento profesional instalado nas zonas de traballo da peixería, mellorando a funcionalidade do espazo.
- Incremento da capacidade de almacenamento e conservación, grazas á incorporación de armarios de refrixeración e conxelación específicos.
- Aumento das vendas directas ao consumidor, grazas a unha presentación máis atractiva e profesional do produto.
- Mellora das condicións laborais e operativas do persoal, facilitando a realización das tarefas diarias.
- Maior rendibilidade para os asociados, mediante un sistema de comercialización máis eficiente e con valor engadido.
- Incorporación de 4 mesas de traballo e 2 bancos, co obxectivo de mellorar a organización e eficiencia nos espazos de preparación e manexo do produto.
- Instalación dun armario de refrixeración e 2 armarios de conxelación, para garantir a conservación axeitada dos produtos pesqueiros, reforzando a calidade e seguridade alimentaria.
Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

