Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Relevo 2020 na Confraría de Pescadores de Barallobre

Relevo2020 Confraría de Pescadores de Barallobre

O SECTOR EXTRACTIVO MARCA O COMEZO DAS VISITAS E ENCONTROS

O proxecto de colaboración RELEVO 2020 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por cinco dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que hai en Galicia.

O programa de contidos do proxecto está estruturado de maneira que o alumnado participa en dous seminarios e dúas titorías mensualmente e que, nesas sesións pode coincidir unha visita a algunha zona ou entidade de interese ou ben un encontro con algunha persoa do sector ou que desenvolva a súa actividade en relación a él.

O primeiro dos seminarios versou sobre o sector pesca -  mar e o seu obxectivo non foi outro máis que o de ofrecer unha visión xeral da estrutura que ten o sector, de cómo se organiza, coñecer recursos web nos que obter información de interese e recoñecer o peso que o sector ten en números na nosa comunidade. 

A visita realizada o pasado martes día 20 foi á confraría de pescadores de Barallobre na que o alumando puido coñecer, da man de Jorge, o patrón maior, a estructura e funcionamento da confraría ademais de ver o produto extraído (ameixa, ostra,etc) polas persoas asociadas do pósito.

Coñeceron tamén a parte de depuradora e o punto de venta final que xestionan tamén dende a propia confraría.

Estas visitas son interesantes non só pola información recibida senón porque poñen ao alumnado en contacto directo coas persoas e entidades do sector, ademais de achegalos ás actividades e profesións do mesmo e amosarlles de xeito directo o día a día das xentes do mar. O seguinte seminario abordará o camiño dos produtos do mar ata o consumidor final, pasando pola comercialización, depuradoras, ventas, zonas de extracción, toxinas, especies comerciais, tallas mínimas ou vedas, entre outros. Haberá máis visitas e encontros.

Solicitude de información

Para informarse sobre o proxecto, está habilitada a dirección de email info@relevo2020.org e o espazo web relevo2020.org no que ademais se atopará o formulario de inscrición que quedará habilitado esta mesma semana.

As persoas que así o desexen tamén poden informarse na oficina do GALP, na súa sede en Miño e seguir as novas a través das redes sociais Instagram e Facebook buscando por Relevo2020.