Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Selección e contratación de persoal para o posto de Auxiliar Administrativo/a do GALP Golfo Ártabro Norte

Publicacion: 
26/01/2024

O GALP Golfo Ártabro Norte debe contar co persoal necesario con formación e capacidade para a realización das funcións que ten encomendadas como entidade colaboradora da Consellería do Mar na xestión da EDLP do GALP no período FEMPA 2021-2027. A cláusula 17ª do Convenio de colaboración establece as características e condicións do persoal do GALP e a súa selección e recolle que o equipo técnico estará formado por a xerencia, persoal técnico e persoal administrativo.

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en sesión celebrada o 23.01.2024 aprobou as bases reguladoras da convocatoria para a selección e contratación dun/ha auxiliar administrativo/a da Asociación Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte que se recollen a continuación:

BASES DE SELECCIÓN E PROCEDEMENTO

O obxecto desta convocatoria é a selección e contratación laboral da persoa que desempeñará o posto de Auxiliar Administrativo/a do GALP Golfo Artabro Norte na xestión da Estratexia do Grupo no marco do FEMPA.

A selección farase tendo en conta os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade da convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 15 DÍAS HÁBILES 

As solicitudes poderán presentarse ben de forma presencial na sede do GALP de luns a venres de 9.00 a 14.00 h, ben por correo ordinario certificado ao rexistro do GALP, en sobre pechado na oficina do GALP (neste último caso, deberá enviarse un correo electrónico antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, indicando que se enviou a documentación por correo certificado e copia do documento acreditativo do envío): Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro GOLFO ARTABRO NORTE. Rúa Curro, 33 (Casa do Pescador), 15630 Miño. Teléfono 981 784 417