Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Selección e contratación de persoal para o posto de xerente do GALP Golfo Ártabro Norte

O GALP Golfo Ártabro Norte debe contar co persoal necesario con formación e capacidade para a realización das funcións que ten encomendadas como entidade colaboradora da Consellería do Mar na xestión da EDLP do GALP no período FEMPA 2021-2027.  A cláusula 17ª do Convenio de colaboración asinado coa Consellería do Mar establece as características e condicións do persoal do GALP e a súa selección e recolle que unha das persoas será a persoa encargada da xerencia.

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en sesión celebrada o 2 de agosto de 2023 aprobou as bases reguladoras da selección e a convocatoria para a contratación dun/ha XERENTE da Asociación Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte onde están recollidas as condicións e requisitos necesarios e que pódense consultar na seguinte ligazón:

BASES DE SELECCIÓN E PROCEDEMENTO 

O obxecto desta convocatoria é a selección e contratación laboral da persoa que desempeñará o posto de XERENTE do GALP Golfo Ártabro Norte na xestión da Estratexia do Grupo no marco do FEMPA.

A selección farase tendo en conta os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade da convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O 9 DE AGOSTO ATA O 30 DE AGOSTO DE 2023 (AMBOS INCLUSIVE)

As solicitudes poderán presentarse ben de forma presencial na sede do GALP de luns a venres de 9.00 a 14.00 h, ben por correo ordinario certificado ao rexistro do GALP, en sobre pechado na oficina do GALP (neste último caso, deberá enviarse un correo electrónico antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, indicando que se enviou a documentación por correo certificado e copia do documento acreditativo do envío): Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro GOLFO ARTABRO NORTE. Rúa Curro, 33 (Casa do Pescador), 15630 Miño. Teléfono 981 784 417

 

 

 

 

Páxinas

Publicado: 28/02/2024

Os resultados acadados na primeira fase do procedemento de selección (FASE I – proba escrita) polas persoas aspirantes na proba realizada o mércores 28 de febreiro son as que figuran no anexo, indicándose a puntuación acadada por cada unha delas.

Concédese un prazo de dous días hábiles para presentación de alegacións aos resultados publicados.

Publicado: 23/02/2024

 O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, convoca o proceso de selección de persoal para a cobertura dun posto de Auxiliar Administrativo para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.

Publicado: 23/02/2024

Rematado o prazo de reclamación contra a lista provisional, tal como se indica no punto 7 “DESENVOLVEMENTO DO PROCESO” das bases reguladoras, procédese á publicación da lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, coa indicación dos motivos que orixinaron a súa exclusión.

Publicado: 20/02/2024

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes, tal como se indica no punto 6 “PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO” das bases reguladoras, procédese á publicación da lista provisional de persoas admitidas para concorrer a este proceso. A lista provisional de persoas admitidas conterá a relación de persoas que poden optar ás diferentes probas e tamén a relación de persoas excluídas, coa indicación dos motivos que orixinaron a súa exclusión. 

Páxinas