Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Relación definitiva persoas admitidas - excluídas e Convocatoria proba escrita de coñecementos

Publicacion: 
23/02/2024

Rematado o prazo de reclamación contra a lista provisional, tal como se indica no punto 7 “DESENVOLVEMENTO DO PROCESO” das bases reguladoras, procédese á publicación da lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, coa indicación dos motivos que orixinaron a súa exclusión.

Así mesmo, de conformidade co punto 7, convócase ás persoas aspirantes admitidas á realización da proba escrita (Fase I proba escrita de coñecementos), que terá lugar o MÉRCORES, 28 DE FEBREIRO, ÁS 9.30 HORAS, na sede do GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE (Casa do Pescador – Rúa Curro, nº33 15630 Miño, A Coruña).

Relación definitiva persoas admitidas - excluídas