Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Transformación e valorización do produto pesqueiro

Feito co Mar

Feito co Mar – Transformación e valorización do produto pesqueiro é un proxecto de cooperación coordinado polo GALP Golfo Ártabro Norte, no que participan sete Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia: GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP A Mariña-Ortegal, GALP Costa da Morte, GALP Costa Sostible, GALP Ría de Arousa e GALP Ría de Pontevedra. 

O proxecto ten como finalidade impulsar a transformación e valorización do produto pesqueiro local e fomentar o emprendemento, promovendo novas elaboracións de peixes e mariscos, con especial atención ás prácticas artesanais, como conservas, salgados, afumados, adubados, desecados, patés ou pratos elaborados.    

Un dos seus principais eixos será a posta en marcha dos Viveiros Formativos de Emprendemento, que en 2027 contarán con dous programas, un de iniciación e outro de profesionalización, orientados á formación práctica, á experimentación e ao acompañamento de proxectos de emprendemento e innovación. A formación abordará aspectos como a normativa, as boas prácticas, as técnicas e procesos de elaboración, o envasado e a etiquetaxe, e completarase cun proceso de titorización para aquelas persoas e colectivos que queiran avanzar na posta en marcha dunha iniciativa empresarial.   

O proxecto contempla tamén o traballo cos concellos para identificar e impulsar Espazos de Traballo Colaborativo destinados á transformación de produto pesqueiro e a creación dunha futura rede que conecte estes espazos nos territorios dos GALP participantes.    

Feito co Mar diríxese principalmente ao sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, aínda que as súas actuacións tamén poderán beneficiar a outros colectivos vinculados á formación e ao emprendemento, contribuíndo á creación de novas iniciativas económicas, á valorización dos produtos do mar e á remuda xeracional no sector.    

Datos xerais
Acrónimo: 
Feito Co Mar
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
GALP Golfo Ártabro Norte (COORDINADOR)
Datos de interese: 
OUTRAS ENTIDADES QUE PARTICIPAN NO PROXECTO: GALP Golfo Ártabro Sur, GALP A Mariña-Ortegal, GALP Costa da Morte, GALP Costa Sostible, GALP Ría de Arousa e GALP Ría de Pontevedra.
Perfil empresarial: 
Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro - Asociación
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das EDLP, aprobadas aos GALP
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
16/06/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
18
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
30/11/2027
Ámbito de aplicación: 

O proxecto desenvólvese no ámbito territorial dos sete GALP participantes: A Mariña-Ortegal, Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, Costa da Morte, Costa Sostible, Ría de Arousa e Ría de Pontevedra, abranguendo diferentes territorios costeiros das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
198.132,13€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
198.132,98€
Total axuda pública aprobada (€): 
198.132,98€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
138.692,49€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
59.439,64€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 
Sí
Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Impulsar a valorización do produto pesqueiro local mediante a súa transformación e a elaboración de novos produtos, especialmente a través de propostas artesanais.
  • Fomentar o emprendemento e a innovación arredor da transformación dos produtos do mar, favorecendo a creación de novas empresas e actividades económicas vinculadas ao sector.
  • Identificar especies pesqueiras con potencial para a súa transformación e dar a coñecer diferentes técnicas de conservación e elaboración.
  • Capacitar ás persoas participantes mediante formación práctica, experimentación e acompañamento para o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras.
  • Contribuír á diversificación da actividade pesqueira e á mellora das rendas dos profesionais do sector, favorecendo ao mesmo tempo a remuda xeracional.
  • Poñer en valor a actividade pesqueira e os produtos do mar, promovendo novas formas de consumo e reforzando as potencialidades do sector.
  • Impulsar a creación dunha Rede de Espazos de Traballo Colaborativo vinculados á transformación do produto pesqueiro nos territorios participantes.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Incrementar o consumo de produtos pesqueiros mediante novos formatos atractivos e saudables.
  • Valorizar o recurso e a actividade pesqueira, mellorando a imaxe do sector e reforzando a súa identidade.
  • Capacitar de maneira práctica en técnicas de transformación e elaboración e en emprendemento profesional.
  • Incrementar a diversificación e o emprendemento relacionados coa actividade pesqueira.
  • Desenvolver prototipos de produtos pesqueiros transformados e elaborados de II e V gama, prestando especial atención ás especies e produtos menos comerciais.
  • Desenvolver propostas de infraestruturas con capacidades técnicas para albergar Espazos de Traballo Colaborativo.
  • Desenvolver obradoiros formativos e guías de apoio á formación e á posta en marcha de modelos de negocio.
  • Desenvolver unha proposta piloto de Obradoiro/Espazo de Traballo Colaborativo, coa correspondente guía de posta en marcha e funcionamento.
  • Elaborar unha proposta para o desenvolvemento dunha Rede de Espazos de Traballo Colaborativo nos territorios dos GALP participantes.
Principais actividades do proxecto: 

O proxecto estrutúrase en diferentes liñas de actuación orientadas á formación, ao emprendemento e á creación de espazos colaborativos para a transformación do produto pesqueiro:

  • Presentación e difusión do proxecto Feito co Mar, dando a coñecer os seus obxectivos, a programación formativa e as oportunidades de participación.
  • Realización de encontros co sector pesqueiro e outros axentes dos territorios participantes, para identificar necesidades, adaptar as actuacións ás particularidades de cada territorio e favorecer a participación no proxecto.
  • Desenvolvemento dos Viveiros Formativos de Emprendemento, cun programa de iniciación e outro de profesionalización, centrados na transformación e elaboración de produtos pesqueiros.
  • Formación práctica e experimentación, abordando aspectos como normativa, boas prácticas, técnicas e procesos de elaboración, envasado e etiquetaxe, así como o desenvolvemento de prototipos de produtos transformados.
  • Titorización e acompañamento de iniciativas emprendedoras, facilitando apoio e asesoramento ás persoas e colectivos interesados en desenvolver proxectos vinculados á transformación do produto pesqueiro.
  • Identificación e análise de espazos e modelos de traballo colaborativo, incluíndo o desenvolvemento dunha proposta piloto de Espazo de Traballo Colaborativo para a transformación de produtos pesqueiros.
  • Deseño dunha proposta de Rede de Espazos de Traballo Colaborativo entre os territorios dos GALP participantes.
  • Realización dunha xornada final do proxecto, destinada á presentación e difusión dos resultados e experiencias desenvolvidas.
  • Accións de comunicación e divulgación, incluíndo a identidade visual do proxecto, materiais e soportes de difusión e comunicación das diferentes actuacións.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Cooperación

Obxectivo específico da EDLP: 

Potenciar a cooperación interterritorial ou transnacional en diferentes zonas pesqueiras para reforzar o cumprimento dos obxectivos das EDLP.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)