Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada de difusión Axudas FEMP 2014-2020 no Concello de ARES

O martes 30 estaremos en Ares dando a coñecer as axudas do FEMP das que xa está aberta a convocatoria 2018 para presentar solicitudes ata o 1 de marzo.

Será ás 18 horas no Edificio Alianza Aresana

Nesta reunión explicarase polo miúdo quen pode acceder a estas axudas, os requisitos que hai que cumprir, a tipoloxía de proxectos que se poden presentar, a intensidade das axudas que se poden recibir, os trámites a seguir e a documentación a presentar, e os prazos de presentación das mesmas, entre outros.