mércores, 12 de Xuño de 2024 - 06:06

En aplicación ao estipulado no artigo 20 da Orde de Axudas do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024, tramitada como anticipado de gasto. Código do procedemento PE155A (DOG nº22 do 31 de xaneiro de 2024), a Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte elevou a público unha proposta de resolución definitiva de concesión de axudas na convocatoria 2024 o día 18 de abril de 2024, quedando subida toda a información relativa ao procedemento na aplicación informática do FEMPA.
O día 4 de xuño de 2024, o Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca (Consellería do Mar) procedeu á devolución da proposta de resolución de Xunta Directiva, tendo en conta o artigo 21.3. da orde de axudas, motivado en non estar conformes coas propostas acordadas desta directiva en catro dos proxectos propostos (un proxecto da partida 770 e tres proxectos da partida 780). erros detectados.
Realizadas as correccións oportunas, a Xunta Directiva eleva a público unha nova proposta de resolución definitiva de proxectos das partidas orzamentarias 770 e 780, así como de desestimados/inadmitidos das dúas partidas orzamentarias, tendo en conta as correccións realizadas nos expedientes afectados, que será trasladada á Consellería do Mar para a súa aprobación definitiva.
Outorgase un prazo de alegacións de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte que será o día 12 de xuño de 2024, para exclusivamente aqueles proxectos que sufriron modificacións: PE155A-2024-00011; PE155A-2024-00105 e PE155A-2024-00196.

