
Estas pequenas embarcacións na súa maioría están fabricadas de fibra de vidro e resinas, o cal supón un alto impacto mediambiental se non se xestiona o seu final de vida correctamente.
O proxecto RBS Craft pretende dar solución viable ao impacto ambiental que supoñen as embarcacións fabricadas con fibra de vidrio e resinas por medio da fabricación de pequenos botes de polietileno rotomoldeado reciclable quie o final da súa vida útil poden ser recollidos e retornados á industria convertidos en pó para fabricar subprodutos de baixo valor técnico como papeleiras, contenedores de lixo ou mesmo mobiliario urbano mediante a técnica do rotomoldeo. Desta forma ofréceselle ao secto do mar unha solución viable, próxima e económica para xestionar correctamente os residuos froito da súa actividade. As embarcacións usadas serán completamente introducidas no esquema de economía circular.
Preténdese deseñar e fabricar unha embarcación polivalente de 4,20 metros que dea servizo a un amplo espectro de traballadores do mar, mariscadores, pescadores, buzos, rescate, auxilio e socorro en praias, etc. Robusta, personalizable, de fabricación económica e ecolóxica, duradeira e recicable.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-Desprazar a fabricacion de pequenas embarcacións do sector pesqueiro e naval fabricadas actualmente con materiais compostos altamente contaminantes cara a materiais máis ecolóxicos, eliminando a contaminación da costa producida polos desfeitos de ditas embarcacións ao final do seu ciclo de vida.
-Eliminar o uso de pinturas con biocidas aplicadas no casco das embarcacións actuais de fibra de vidro e madeira.
-Prolongar o ciclo de vida útil das embarcacións e reducir as labores de matemento das mesmas.
Obxectivos primarios:
-Deseño e fabricación de moldes e as primeiras unidades.
-Homologación das embarcacións para rescate ( uso para empresas e organismos costeiros, Cruz Vermella, Protección Civil, Bombeiros, etc) cunha certificaciñon das máis altas en canto á seguridade no mar segundo o convenio SOLAS.
-Dotar á empresa dunha xestiñin certificada ISO 9001. Recomendable para o funcionamento en xeral e obrigada para a consecución do certificado de rescate SOLAS ( seguridad no mar) da embarcación.
Obxecticvos xerais:
-Reducir residuos e facer embarcacións sostibles.
Deseño, fabricación e venda de embarcacións de polietileno retornable.
Os beneficiarios serán:
-Traballadores que precisen adquirir unha embarcación como ferramente de traballo e que estean cocienciados co problema dos residuos de fibra de vidrio, resinas e pinturas antiincrustantes na costa por mor das embarcacións.
-Empresas do sector naval que precisan incorporar embarcacións de rescate nas súas flotas.
-Institucións de salvamento.
-Portos, mariñas, clubs naúticos, confrarías e outras organizacións relacionadas co mundo naútico-mariño-pesqueiro.
-Afeccionados á naútica en xeral, tanto propietarios de embarcacións coma clientes de aluguer.
-O Conxunto da sociedade e do ecosistema na medida no que se reducen e elimina elementos contaminantes.
Obxectivo Estratéxico 2: Economía Azul &Diversificación
Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
2.2. Apoio a novos sectores da economía sostible.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

