
A Xunta Directiva do Galp Costa Sostible do Galp Seo Fisterra Rlau Muros-Noia. Costa Sostible, en reunión celebrada o 9 de abril de 2026 en Muros, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e o estipulado na "Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2026.
CERTIFICADO MODIFICACIÓN OBXECTIVOS
Esta proposta da Xunta Directiva para proxectos da convocatoria de 2025 é unha resolución provisional e non crea ningún dereito a favor do solicitantes propostos.
Esta proposta da Xunta Directiva está tamén publicada no taboleiro de anuncios da Oficina do Galp Seo Fisterra Ría Muros-Noia. Costa Sostible.
Tal como se reflicte no artigo 20.1 da Orde do 12 de decembro de 2025 da Consellería do Mar, outórgase un prazo de alegación contra esta resolución de 10 días hábiles contados dende a súa publicación. De non haber alegacións, finalizado o prazo indicado, a proposta será definitiva de conformidade co artigo 20.2 da citada Orde.

