
O proxecto “Vidas Sen Marco”, desenvolvido pola Asociación A Creba en Noia, ten como finalidade favorecer a inclusión social e a participación comunitaria das persoas con trastorno mental grave, combatendo o estigma, o illamento e os prexuízos que dificultan a súa integración.
O proxecto articúlase en dúas accións principais: un taller de enmarcado e unha tenda de produtos artesanais:
1. Taller de Enmarcado: No taller de enmarcado, as persoas usuarias, co acompañamento dunha monitora, participan de forma regular no proceso completo de enmarcado e na xestión do propio espazo, adaptando as tarefas ás capacidades de cada participante. Tamén se realizan actividades complementarias, como a elaboración de caixas decorativas e libretas, orientadas ao desenvolvemento de habilidades e hábitos laborais.
2. Tenda: A tenda permite comercializar produtos elaborados nos diferentes obradoiros da entidade, como coiro, costura ou bordado, poñendo en valor o traballo realizado polas persoas usuarias e creando un espazo de relación e apertura á comunidade.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Crear un espazo de apertura á comunidade, combater o estigma e favorecer a autonomía, autoestima, relacións sociais e sentido de utilidade das persoas participantes. Así mesmo, pretende acadar un modelo autosostible, destinando os ingresos obtidos á adquisición de materiais necesarios para dar continuidade aos obradoiros.
Espérase favorecer a visibilización e integración das persoas usuarias na comunidade mediante a creación dun taller de enmarcado autosostible, no que participen activamente nas diferentes fases do proceso, e dun espazo aberto ao público para a exposición, venda e realización de encargos dos produtos elaborados nos obradoiros.Con estas actuacións preténdese poñer en valor as capacidades das persoas participantes, favorecer a súa autonomía e reforzar a súa participación e inclusión social.
O proxecto estrutúrase en dous bloques principais. En primeiro lugar, crearase un taller de enmarcado, no que as persoas usuarias desenvolverán habilidades e destrezas mediante actividades artesanais e participarán en todo o proceso de traballo: recepción e xestión dos encargos, selección e preparación de materiais, enmarcado, montaxe, embalaxe, entrega e cobro, así como no control do material e mantemento do taller. En segundo lugar, habilitarase un espazo de exposición e venda para os produtos elaborados nos diferentes obradoiros da entidade, ofrecendo tamén a posibilidade de realizar encargos. Estas actuacións estarán dirixidas ás persoas usuarias da asociación, favorecendo a adquisición de habilidades, hábitos laborais, autonomía e participación social.
| Obxectivo Estratéxico 5.Gobernanza |
5.2. Avance na igualdade de xénero e inclusión social.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

