
O proxecto “Séntate no cambio!”, promovido pola Asociación Misela, é unha iniciativa de participación comunitaria que combina inclusión social, protección ambiental e economía circular, implicando activamente ás persoas usuarias do Centro Ocupacional e á cidadanía.
A actuación contempla a realización de limpezas de praias nos concellos de Muros, Outes, Porto do Son e Noia, coa posterior transformación dos plásticos recollidos en bancos de deseño exclusivo que se instalarán nos espazos onde se desenvolvan as actuacións. Tamén se contempla a plantación de árbores en espazos públicos e actividades de sensibilización sobre o impacto dos plásticos, a reforestación e a economía circular.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto busca combinar inclusión social e sustentabilidade ambiental, ofrecendo ás persoas con discapacidade un espazo de participación activa e recoñecida dentro da comunidade.
-
Promover a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade do Centro Ocupacional Misela, visibilizando o seu papel activo na sociedade.
-
Reducir a contaminación nas praias das comarcas de Noia e Muros mediante accións de limpeza e sensibilización ambiental.
-
Transformar residuos plásticos en recursos útiles, elaborando bancos de deseño exclusivo con trazabilidade completa (da limpeza á fabricación).
-
Fomentar a educación ambiental e a economía circular, implicando centros educativos e cidadanía en actividades de reforestación e concienciación.
-
Reforzar a cooperación institucional, coa colaboración dos concellos na selección de localizacións, permisos e difusión das accións.
-
Difundir valores de sustentabilidade e compromiso social, a través dunha campaña profesional de comunicación e marketing que garanta a visibilidade do proxecto.
Visibilizar as capacidades das persoas con discapacidade, favorecer a súa participación activa na comunidade e promover valores de sustentabilidade, cooperación, inclusión e compromiso ambiental, xerando un impacto positivo no territorio
-
Limpeza de praias
-
Transformación do plástico en bancos
-
Plantación de árbores e sensibilización
-
Promoción e difusión
Obxectivo Estratéxico 5: Gobernanza
5.2. Avance na igualdade de xénero e inclusión social.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

