
O Galp Costa Sostible é beneficiario da axuda autonómica a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítima, da Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027, que se convocaron para o 2025, co proxecto Mar e Rías: Pesca Turismo.
Coa posta en marca deste de proxecto preténdese ofrecer oportunidades de emprendemento en actividades turísticas a todas as comunidades mariñeiras da costa galega de xeito que poidan xerarse actividades complementarias que contribúan á sustentabilidade do sector pesqueiro.
O proxecto levarase a cabo en dúas anualidades, 2025 e 2026. O orzamento total financiado ascende a 183.756,64 €, correspondéndolle un total de 22.969,58 € ao Galp Costa Sostible.
Esta actuación está cofinanciada polo FEMPA nun 70% e un 30% pola Comunidade Autónoma.

