
O proxecto contempla a creación do Espazo da Pesca da Confraría de Porto do Son, aproveitando a reorganización dos espazos da lonxa para crear un novo escaparate expositivo e promocional dos recursos pesqueiros locais.O espazo permitirá achegar os produtos pesqueiros ao público, poñendo en valor as súas cualidades gastronómicas mediante exposicións, degustacións e demostracións culinarias, co obxectivo de favorecer a súa comercialización nos ámbitos da restauración, superficies comerciais e canle HORECA. Para a súa posta en marcha acondicionarase o local mediante un proxecto de interiorismo e dotarase do equipamento necesario, incluíndo zona de xestión, preparación, almacén e unha zona expositiva e de degustación. A iniciativa contribuirá á promoción do produto local, á valorización da actividade pesqueira e ao reforzo da identidade da Confraría de Porto do Son.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto ten como finalidade poñer en valor e mellorar a comercialización do produto pesqueiro da Confraría de Porto do Son mediante a creación dun escaparate expositivo e o desenvolvemento de actividades de promoción. Preténdese fomentar o consumo dos produtos do mar e da pesca artesanal, potenciar o peixe fresco como parte da dieta atlántica e dar a coñecer especies pesqueiras menos valoradas, contribuíndo ao incremento do seu valor comercial. Así mesmo, búscase achegar os produtos do mar á poboación infantil e reforzar o papel da Confraría como entidade dinamizadora da economía local e representante do sector pesqueiro.
Espérase mellorar a comercialización dos produtos pesqueiros da Confraría e incrementar as vendas, mediante a creación dun espazo propio aberto ao público para a súa promoción e divulgación. O proxecto contribuirá tamén ao incremento do consumo de peixe, á mellora das relacións cos comercializadores e á promoción conxunta dos produtos pesqueiros, favorecendo a colaboración entre as confrarías do territorio.
As principais actividades estarán orientadas á promoción e mellora da comercialización dos produtos pesqueiros da Confraría de Porto do Son, utilizando as súas cualidades gastronómicas como elemento central.Desenvolveranse presentacións e degustacións de produtos dirixidas a empresas do sector e superficies comerciais, así como showcookings e demostracións gastronómicas para profesionais da restauración. Para o canal HORECA realizaranse talleres de formación sobre os produtos pesqueiros locais, as súas características e valores nutricionais, fomentando o consumo de produto de proximidade.Tamén se organizarán actividades divulgativas para a poboación infantil e para turistas, destinadas a promover o coñecemento, consumo e valorización dos recursos pesqueiros locais. Ademais, o Espazo da Pesca funcionará como foro de encontro, reflexión e intercambio de coñecementos entre profesionais do sector. En definitiva actividades que axuden a incrementar a visibilidade e comercialización dos produtos da Confraría, xerando beneficios directos para os seus socios e contribuíndo á dinamización económica local.
Obxectivo Estratéxico 1. Sector da Pesca
1.3. Promoción dos produtos locais da pesca costeira artesanal e da saúde e calidade alimentarias
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

