Misión, visión e valores da EDLP aprobada no marco do FEMP 2021-2027
Misión do Galp Costa Sostible.
Consolidación dun Territorio Costeiro Sostible, con calidade de vida, socialmente moderno, económicamente competitivo e resilente e comprometido nas loitas globais contra o cambio climático e por un mundo máis xusto e inclusivo, a través da constante actualización da súa condición de territorio pesqueiro e da súa cultura mariñeira.
Visión do Galp Costa Sostible.
O GALP Costa Sostible será, dende unha óptica de territorio, un axente tecnicamente solvente e un compañeiro cómplice para as persoas e as entidades, en particular do sector da pesca, no deseño e posta en marcha de iniciativas particulares e colectivas enmarcadas na aplicación local doso obxectivos de desenvolvemento sostible.
Valores do Galp Costa Sostible.
O GALP Costa Sostible debe de ser recoñecido polos seguintes atributos:
-Eficaz, xusto e transparente na xestión dos recursos do FEMPA e da Consellería do Mar.
-Proactivo e referente na transmisión e na aplicación práctica dos valores do crecemento ambientalmente sostible e socialmente xusto.
-Animador e cómplice das persoas e entidades do territorio na posta en marcha de iniciativas e na mellora da solvencia técnica e do impacto ambiental e social positivo das mesmas.
-Comprometido nas loitas da nosa xeración: contra o despoboamento e o envellecemento, pola adaptación e pervivencia da pesca costeira artesanal, pola igualdade de xénero, polo crecemento inclusivo e pola mitigación e adaptación ao cambio climático.
O Galp debe ser o axente que sempre axuda.... e que sempre esixe un pouco máis nos compromisos do territorio.

