Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mapa

O principal criterio de cohesión do territorio é a traxectoria dos últimos anos, coa aplicación do eixe 4 do FEP e a xestión do GAC 4. A asociación candidata aplicou durante os últimos anos un modelo de desenvolvemento territorial que comeza a xerar os seus froitos, polo que podemos dicir que hai un sistema de traballo establecido que actúa como un forte nexo de unión, tanto a nivel institucional como social.

A delimitación territorial, que abrangue as Rías de Muros e Noia e a de Corcubión, vén marcada pola súa continuidade física e unha orografía de transición entre as Rías Baixas (zonas de marisqueo e praias) e as Rías Altas (zonas de costa agreste).

Os concellos que forman este grupo son: Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muros, Noia, Outes e Porto do Son.