O proxecto: "A festa do mar: A recalada" pretende chegar para quedarse no municipio de Soutomaior e intervir para paliar algunhas necesidades e problemáticas detectadas mais significativas:
- Escaso aproveitamento dos recursos patrimoniais a nivel turístico
- Falta de sensibilización da poboación local para a conservación dos bens naturais e patrimoniais do Concello
- Escasa innovación na promoción turística doutros recursos de gran valor
- Falta de recoñecemento social das profesións do mar
- Desmotivación e necesidade dun impulso para crear novas oportunidades económicas
- Necesidade de ampliar a oferta de lecer e turística sostible arredor dos recursos do mar
- Necesidade de reactivar a marca Arcade, apostando por novas fórmulas turísticas sostibles que diversifiquen a actividade económica
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Promocionar o valor culinario e saudable dos produtos pesqueiros
- Propiciar o diálogo interxeracional entre otros sectores
- Amosar o valor e posibilidades do traballo no mar e innovar para xerar oportunidades de emprego para a mocidade
- Poñer en valor ás persoas que manteñen o legado do mar no ámbito da cultura, arte, economía e patrimonio
- Mostrar posibles diversificacións da actividade pesqueira e marisqueira en Soutomaior
- Mellorar o coñecemento do espazo natural protexido marítimo - pesqueiro
- Facer pedagoxía ofrecendo espazos de lecer sostible e compartido que respecten os valores medioambientais en épocas estivais de maior afluencia
- Incrementar a cooperación administracións-entidades vinculadas ao mar, turismo, hostalaría e sociais
- Poñer en valor o papel da muller no mar
- Implantar melloras de benestar social que atendan á diversidade
- Facilitar o relevo xeracional na pesca
- Ofrecer espazos de lecer
- Incrementar a cooperación administración-entidades vinculadas ao mar, turismo, hostalaría, e sociais.
- Poñer en valor o papel da muller no mar.
- Implantar melloras de benestar social que atendan á diversidade.
- Ós cóbados no varandal: música tradicional a cargo de grupos locais
- Descoberta: divulgación, formación e sensibilización:
Faladoiros con exposición e apoio tecnolóxico. Temas: O mar 4.0. As novas tecnoloxías no sector do mar. Universo Rede Natura. O futuro da nosa ría. Conservación da biodiversidade. As mulleres no mar. A muller no mar. O patrimonio marítimo - pesqueiro. Embarcacións tradicionais
Taller de creación escénica sobre a muller do mar
- Recalada: Encontro e mostras de embarcacións tradicionais. Mostra e visitas guiadas ás embarcacións tradicionais expostas en seco. Paneis descritivos e atrezzo mariñeiro. Concentración e navegacións tradicionais no mar
- Navy Bar: recreación e ambientación dun mercado de degustación de produtos do mar nunha carpa ambientada con motivos mariñeiros
- Vidas Salgadas: Documental audiovisual para rexistrar a evolución interxeneracional da vida no mar con imaxes e testemuñas da rede local de persoas vinculadas ao mar. Exposición colectiva de fotografías antigas sobre a vida no mar
- SOS: marcha, en formato pasarrúas, cun caracter reivindicativo para divulgar a forza do traballo no mare exhibir os aparellos usados nas diferentes artes de pesca que irá acompañado da música ata o mar, finalizando cunha charla coloquio sobre os usos e artes de pesca sostibles
- Voluntariado: funcións de apoio e informativas en todas as actividades
|
Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático |
Posta en valor do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

