Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución definitiva da Xunta Directiva GALP VIGO A GUARDA

A Xunta Directiva do GALP Ría de Vigo A Guarda seleccionou os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura -FEMPA- 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025, código do procedemento PE155A (DOG nº36 do 21 de febreiro de 2025).

Outorgouse un prazo de alegacións de 10 días, durante o cal recibíronse alegacións  ao respecto dos proxectos cos números de expedientes :

PE155A-2025-00055 ,PE155A-2025-0079,  PE155A-2025-00141 , PE155A-2025-00160,  PE155A-2025-00197 ,PE155A-2025-00198, PE155A-2025-00219 e  PE155A-2025-0260

Estas alegacións foron debatidas na Xunta Directiva de data 20 de maio de 2025 e realizadas as oportunas correccións a Xunta Directiva eleva a público a proposta de resolución definitiva  que será remitida á Consellería do Mar  para a súa aprobación definitiva .

Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións definitivas :

Proposta de Xunta Directiva de resolución DEFINITIVA Convocatoria 2025

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/proposta-de-resolucion-defin...

Anexo I Proposta de resolución DEFINITIVA  de Xunta Directiva partida 760

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-i-proposta-de-resoluci...

Anexo II Proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva partida 770

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-ii-proposta-de-resoluc...

Anexo III Proposta de resolución DEFINITIVA  de Xunta Directiva partida 780

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-iii-proposta-de-resolu...

Anexo IV Proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva DESESTIMADOS/INADMITIDOS

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-iv-proposta-de-resoluc...

Anexo V Baremacións

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-v-baremacions-0

Esta proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva para proxectos das partidas orzamentarias 760, 770 e 780, así como os desestimados/inadmitidos da Convocatoria 2025, non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para as partidas orzamentarias 760, 770 e 780 para esta convocatoria 2025.

Esta proposta atópase publicada no taboleiro da oficina do GALP